Friday 10 de May de 2024

O Pazo acollerá este sábado a representación da comedia “Os amos do mundo”


O Pazo da Cultura acollerá este sábado, día 22, a representación da comedia “Os amos do mundo”, da compañía Bucanero Teatro. Esta peza para adultos (a partir de 12 anos) ten unha duración de algo máis de hora e media e poderá verse ás 20.00 horas.

Os actores Pedro Picos e Xosé Bonome forman o elenco desta peza, na que darán vida a un home rico e un pobre, un explotador e un home un pouco explotado. A obra conta a historia de dous homes cun mesmo destino.

As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es a un prezo de 9,50 euros para o público xeral e de 6,65 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante.